luns, 7 de decembro de 2020

PREPARANDO O FINAL

Ao remate de cada proxecto sempre realizamos un produto final. Trátase dunha actividade na que tratamos de sacar todo o que aprendemos fóra da aula, co fin de darlle un toque de emprendemento a todo o que facemos ao longo do trimestre. 

A semana pasada comenzamos a traballar neste produto final, primeiro explicándolle aos peques o que significa "sacar da aula" o que aprendemos, e despois aportando ideas. 

Foron numerosas as propostas que fixeron, e pouco a pouco entre todos démoslle forma ao que queriamos facer. 

Para asegurarnos de que era posible levar a cabo o noso produto falamos con Eva e algunhas profes de Educación Infantil, xa que o desenvolveremos con eles. Fixémolo a través dunha vídeo chamada, que tamén nos valeu para ver moitas caras amigas. 




De momento non vos contamos máis, pero moi pronto poderedes ver todo o que estamos preparando...