O noso proxecto Campus Stellae chega ao seu fin. Coma sempre, chegados a este punto, realizamos a metacognición final, que nos axuda a reflexionar sobre o que aprendemos ao longo do proxecto.
Nesta actividade respondemos a catro preguntas que despois poñemos en común con toda a clase.
Ademais, tamén respondemos aos fíos condutores que se presentaron o primeiro día que se empezou o proxecto. Estes fíos son preguntas abertas, que solo se poden contestar tras realizar o proxecto.
Por último, ao longo da semana pasada e desta preparamos o produto final deste proxecto.
Deste último aspecto falarémosvos nos próximos días, pero adiantámosvos que algunha imaxe para que vaiades imaxinando o que estamos preparando...