Dentro do noso proxecto "Clube dos científicos" estivemos coñecendo os tres estados nos que pode estar a materia (sólido, líquido e gaseoso).
Primeiro vimos un vídeo , que xunto ás explicacións da profesora, axudounos a entender eses tres estados e como se chega a eles.
Despois, para que entenderamos mellor como están as partículas da materia, neses tres estados, fixemos tres bailes. O primeiro representaba ao estado sólido, no que as partículas están moi xuntas e case non se moven, para o que escoitamos unha canción ñenta. Para o estado líquido, separámonos un pouco entre nós e bailamos movéndonos un pouco máis. Por último, para o estado gaseoso, saltamos e bailamos por toda a aula, igual que as partículas.
Completamos o traballo cunha rutina de pensamento chamada "causa-efecto" e a autoavaliación dos pulgares.