luns, 17 de xaneiro de 2022

CLUBE DOS CIENTÍFICOS

Comezamos novo proxecto!!!!

O tópico xenerativo do noso proxecto é "Clube dos científicos" o que nos dá idea do que tratará. Traballaremos conceptos e metodoloxías científicas, realizaremos experimentos...

O primeiro día vemos o topico xenerativo, os fíos condutores que son preguntas ás que lles daremos resposta ao final do proxecto, e a decoración da nosa aula.

A continuación, realizamos o desafío inicial que consistiu en ler unha serie de códigos QR coa tableta detrás dos cales había uns divertidos vídeos de experiementos que vimos en equipo.

Despois repartimos as responsabilidades para o traballo cooperativo (coordinador, secretario, portavoz e supervisor) e comezamos a traballar no noso porfolio coa metacognición inicial na que dimos resposta a catro preguntas: que sei, que quero saber, que espero do proxecto e como me sinto.

Remataremos a tarefa 0 do proxecto completando o plan de equipo, un contrato que nos compromete, ao equipo, a realizar o mellor posible o nosos traballo do proxecto tanto a nivel individual coma cooperativo.