luns, 17 de abril de 2023

PLÁNTATE

 Ola familias!

Comezamos novo proxecto. Emprendemos a marcha cara a novos retos que nos descubran o verde mundo das plantas. 



Estamos ansiosos de comezar as nosas rutinas de pensamento e poñernos a ton coas tarefas do proxecto. 

Para iso viñeron dous granxeiros moi peculiares, Hortensia e Caravel, aos que axudaremos cun pequeno problema.




Unha vez resolvido formaremos os nosos equipos de traballo, algo fundamental no progreso da nosa aprendizaxe e que nos axudará a coñecer aos nosos novos compañeiros de faena e os nosos novos roles de traballo cooperativo.

Deixámosvos unha mostra visual deste primeiro día de proxecto.