Pouco a pouco avanzamos no noso proxecto 0.
O noso obxectivo destes días é coñecer o cole, os seus recunchos, como se organizan as materias, coñecer aos profes, os materiais...
Ademais, co cambio de etapa, aparecen rutinas de pensamento novas e procedementos que deben ir aprendendo pouquiño a pouco.
Os primeiros días dedicámolos a facer a METACOGNICIÓN INICIAL, que é unha tarefa na que reflexionamos sobre o que nos gustaría aprender e sobre o que xa sabemos sobre o que imos traballar.
Tamén traballamos sobre o PLAN DE EQUIPO. Como sabedes, sempre traballamos en equipos cooperativos, e desde o inicio da etapa fomentamos que os nenos e nenas sexan conscientes de que dentro do mesmo debemos adoptar compromisos de tipo persoal e compromisos de tipo grupal, para que o equipo funcione correctamente.
Nestas primeiras veces nas que se configura o plan, os mestres estamos pendientes para guiar e axudarlles a reflexionar, e pouco a pouco eles mesmos aprenden a facelo de forma autónoma.