mércores, 18 de outubro de 2023

ACADEMIA DE SUPERHEROES E SUPERHEROÍNAS

Esta semana comenzamos a tarefa 1 do noso proxecto. Nela aprendemos todas as cualidades que debe ter un bo super - h.

Por un lado, aprendemos que debe saber coidarse por dentro, é decir, coidar o seu corpo. Para esto, falamos dos hábitos de vida saudable, da importancia de comer variado, facer exercicio, durmir o número de horas que o noso corpo necesite... 




Por outro lado, traballamos os dereitos e os deberes dos nenos e nenas, porque un bo super - h debe coñelos para actuar dun xeito xusto. 

Finalmente, traballamos as nosas habilidades, xa que todos destacamos en certas cousas, ao igual que os super - h, e reforzamos así a nosa autoestima e lembrando as cousas boas, e non solo as que temos que mellorar.