O pasado venres desfrutamos dunha sesión de educación vial grazas á Policía Local de Santiago.
Desplazámonos ao Recinto Ferial de Amio xunto cos compañeiros e compañeiras de 2º de Educación Primaria, e tras unha pequeña charla na que nos explicaron como movernos polas rúas, fixemos un circuito con bicis.
Pasámolo xenial e foi o complemento perfecto para a tarefa 3 do noso proxecto!