domingo, 22 de xaneiro de 2017

As nosas habilidades

E como tarefa para a fin de semana escribimos nun papel as nosas habilidades, axudados polas nosas familias. 
É moi importante que as persoas que máis nos queren aprecien as nosas cualidades e por iso, os nenos e as súas familias adicaron un ratiño a escribir todas aquelas cousas nas que cada un destacaba. 
O luns compartimos o escrito e foi verdadeiramente reconfortante ver como todos escoitaban atentos e se interesaban por escoitar o que os compañeiros contaban.

Seguimos traballando a autoestima!















sábado, 21 de xaneiro de 2017

Visita á residencia SarQuavitae

Despois de máis de dous meses esperando, o venres 20 de xaneiro visitamos aos nosos amigos da residencia SarQuavitae de San Lázaro; era unha visita prometida e moi esperada e por fin chegou. 

Ás 10:15 subimos ao autobús e nos puxemos rumbo a San Lázaro; entre nervios e moita emoción chegamos á casa de todos os avós e avoas que xa visitaran o noso colexio no mes de outubro. 




Xa dentro da residencia os avós e avoas foron aparecendo pouco a pouco e entre saúdos e moita emoción xuntámonos con eles e con outros moitos máis nunha sala para comezar a mañá facendo un pouco de ximnasia. 





Despois recorremos as instalacións que forman a súa casa e eles mesmos nos explicaron o que facían en cada unha delas. 








E despois de todos estes momentos compartidos dirixímonos a unha sala na que algúns dos nosos amigos nos ensinaron como plantar allos. 
Puxemos terra e abono nunha maceta, introducimos os allos e os enterramos. Entre todos conseguimos facelos!

Agora, dúas das tres macetas están no noso colexio e contarémoslle aos nosos amigos a evolución dos allos... 











E como todo o bo chega a un final, rematamos merendando na cafetería da residencia e despedíndonos de todos entre bicos e abrazos.
Téñennos un pouco consentidos... e fixéronnos un agasallo moi especial coas súas propias mans. 

Hasta pronto amigos! Gracias por recibirnos tan ben e por facernos pasar un momento tan especial e agradable ao voso lado. 
Vémonos prontiño!




mércores, 18 de xaneiro de 2017

A autoestima

E continuando co noso proxecto das emocións, chegamos á seguinte sesión na que traballamos a autoestima. 
Que importante é apreciar as nosas habilidades e queremos polo que somos! Parécenos que é unha cualidade que debemos potenciar nos nosos rapaces e traballar moito ao longo desta etapa, para que confíen nas súas posibilidades, que son moitas, e triunfen no que se propoñan. 
Deste xeito seguimos coa historia no noso amigo Draco e cada un de nós contou unha habilidade que tiña. 
Foi moi interesante e divertido porque rematamos bailando e compartindo un momento moi especial todos xuntos. 








Aprender facendo

Esta semana comezamos a traballar os diferentes tipos de liñas na clase de matemáticas, para pouco a pouco ir introducíndonos no mundo da xeometría. 
Con palliñas vimos a diferencia entre liñas rectas, liñas curvas e liñas poligonais. 
A través da manipulación e de facer as cousas todo parece moito máis sinxelo. 
Continuamos aprendendo!









martes, 17 de xaneiro de 2017

Ordeamos as nosas emocións

Continuamos a traballar na proposta  que nos achega a Fundación Meniños para achegar aos nenos  ao mundo das emocións.
Na clase de relixión fixemos unha introducción ao mundo das emocións a través da historia do Monstruo de Cores .
O monstruo de Cores non sabe o que lle pasa. Ten un lio coas emocións e agora é momento de desfacer o lio. Todas as emocións son boas simplemente é necesario ordealas.
 E o monstruo da paso ao noso Gusano das emocións que a partir de agora estará na nosa escola. Con el é doado decir cómo nos sentimos.







venres, 13 de xaneiro de 2017

Novos logos de Aprendizaxe Cooperativa

Coa nova distribución de equipo cooperativos, tamén temos un novo logo para representar a cada equipo. 

Deixámosvolos aquí para que os poidades ver todos. 






xoves, 12 de xaneiro de 2017

Traballamos as emocións

Onte iniciamos un proxecto que nos levará ao mundo das emocións a través da historia de Draco, un dragón ao que lle costa un pouco controlarse en certas ocasións. 

De xeito interdisciplinar traballaremos a regulación emocional, a autoestima, o coñecemento das emocións, a empatía, as habilidades socioemocionais e a resolución de conflictos. 





Comezamos por entender o enfado e analizar as situacións nas que nos sentimos enfadados; finalmente propuxemos solucións para canalizar o enfado e poder arranxar a situación.

Unha sesión moi produtiva.