sábado, 21 de xaneiro de 2017

Visita á residencia SarQuavitae

Despois de máis de dous meses esperando, o venres 20 de xaneiro visitamos aos nosos amigos da residencia SarQuavitae de San Lázaro; era unha visita prometida e moi esperada e por fin chegou. 

Ás 10:15 subimos ao autobús e nos puxemos rumbo a San Lázaro; entre nervios e moita emoción chegamos á casa de todos os avós e avoas que xa visitaran o noso colexio no mes de outubro. 




Xa dentro da residencia os avós e avoas foron aparecendo pouco a pouco e entre saúdos e moita emoción xuntámonos con eles e con outros moitos máis nunha sala para comezar a mañá facendo un pouco de ximnasia. 





Despois recorremos as instalacións que forman a súa casa e eles mesmos nos explicaron o que facían en cada unha delas. 








E despois de todos estes momentos compartidos dirixímonos a unha sala na que algúns dos nosos amigos nos ensinaron como plantar allos. 
Puxemos terra e abono nunha maceta, introducimos os allos e os enterramos. Entre todos conseguimos facelos!

Agora, dúas das tres macetas están no noso colexio e contarémoslle aos nosos amigos a evolución dos allos... 











E como todo o bo chega a un final, rematamos merendando na cafetería da residencia e despedíndonos de todos entre bicos e abrazos.
Téñennos un pouco consentidos... e fixéronnos un agasallo moi especial coas súas propias mans. 

Hasta pronto amigos! Gracias por recibirnos tan ben e por facernos pasar un momento tan especial e agradable ao voso lado. 
Vémonos prontiño!