venres, 27 de xaneiro de 2017

E se chove, que chova

Inmersos neste novo proxecto esta semana o colexio apareceu completamente decorado.
Que ilusión ver a nosa casa cunha nova decoración e ademais relacionada con aquelo que estamos estudiando!
Aprender facendo e emocionándonos é a mellor forma de lembrar, e iso foi o que intentamos facer o mércores. 
Solo facía falta ver as cariñas de emoción e nervios por saber o que acontecería...






E deste xeito dispuxémonos a ver o que acontecía no noso cole...
Chegamos á biblioteca e escoitamos... a audición levounos á primavera, ao inverno, a unha tormenta, a ter que sacar o paraugas porque chovía moito... pouco a pouco entendemos que aquelo tiña algo que ver co tempo...





E chegou o momento de abrir os ollos e ver a gran sorpresa; percorremos os corredores con ilusión, abraiados con todo e sobretodo, disfrutando da nosa aprendizaxe. 






Despois, en grupos investigamos polo colexio e contestamos a unhas preguntas que nos propuxeron as profes. 
Pasámolo xenial traballando en equipo!









Sen dúbida foi unha mañá moi especial e o máis importante é que continuamos traballando no noso proxecto con moita ilusión e enerxía. 


Deixámosvos un vídeo que resume este estupendo rato que pasamos todos xuntos. Esperamos que o desfrutedes tanto coma nós!