Hoxe continuamos coa nosa viaxe polo reino das emocións; esta vez fixemos unha parada na regulación emocional e ao longo da semana iremos traballando diversas técnicas para aprender a controlar as nosas emocións.
Empezamos escoitando a historia do noso amigo Draco e continuamos realizando diferentes tipos de respiracións: apagar velas, ventos con maior e menor intensidade e o máis divertido, facer pompas de xabón.
Deixámosvos algunhas fotos para que vexades o ben que o pasamos!