martes, 17 de outubro de 2017

O recuncho do corpo humano

Así de bonito quedou o noso recuncho do proxecto. 
Gracias á colaboración das familias conseguimos un montón de material que nos axuda no noso proxecto.

Deixámosvos unha foto para que o vexades.


luns, 16 de outubro de 2017

#QUEIMANGALICIA

Nas escolas non podemos pasar por alto a situación que estamos a vivir na nosa comunidade estes días.

Por iso, hoxe na clase traballamos sobre a importancia de coidar o medio ambiente e ser conscientes da situación que están a sufrir moitas persoas estes días.

Queremos mandar unha mensaxe de ánimo a todos os afectados e mostrar a nosa máxima repulsa aos acontecementos dos últimos días.

Unidades y decenas

En matemáticas estamos trabajando con las UNIDADES y las DECENAS.
¡Vaya lío esto de hacer grupos de 10! Poco a poco nos sale cada día mejor...





 

venres, 13 de outubro de 2017

A nosa horta volve á vida

Esta mañá comenzamos a traballar na nosa pequena horta. 
Despois de todo un longo verán no que non recibíu moitos coidados, hoxe comezamos por quitar as plantas que xa non servían, limpar un pouco a terra, removela e preparar todo para poder plantar cousas novas nos próximos días. 
Os nenos de primeiro e algúns compañeiros de segundo fixeron un gran traballo!












mércores, 11 de outubro de 2017

As partes do corpo

Hoxe continuamos co noso proxecto sobre o corpo humano. Estivemos xogando a recoñecer as partes do corpo en nós mesmos e nos demais e aprendendo novo vocabulario para todos como xeonllo, cóbado, beizos, pescozo, nocello...
Unha forma divertida de rematar o día. 😊










Os días da semana

Comprender a organización temporal é un dos aspectos máis importantes que aprendemos en primeiro, porque saber en que día vivimos é fundamental. 

Por iso, hoxe estivemos en Ciencias Sociais cos días da semana e de paso traballamos a nosa motricidade fina. 






martes, 10 de outubro de 2017

As tabletas

Onte comezamos o traballo coas nosas tabletas e creo que por moito que escriba aquí e me esforce ao máximo, non vou ser quen de facervos sentir a emoción que se experimentou na clase. 

Por fin chegou o día! Despois dalgunhas semanas de espera comezamos a traballar coa nosa tableta.

Tratouse dunha primeira toma de contacto e aprendemos a abrir a funda, a encender o dispositivo, utilizar o lapis e de novo apagar e gardar.

Pouco a pouco iremos entrando en contacto co aparello e nunhas semanas xa o teremos perfectamente controlado. 

Deixámosvos unas fotos deste primeiro día tan emocionante!