Onte comezamos o traballo coas nosas tabletas e creo que por moito que escriba aquí e me esforce ao máximo, non vou ser quen de facervos sentir a emoción que se experimentou na clase.
Por fin chegou o día! Despois dalgunhas semanas de espera comezamos a traballar coa nosa tableta.
Tratouse dunha primeira toma de contacto e aprendemos a abrir a funda, a encender o dispositivo, utilizar o lapis e de novo apagar e gardar.
Pouco a pouco iremos entrando en contacto co aparello e nunhas semanas xa o teremos perfectamente controlado.
Deixámosvos unas fotos deste primeiro día tan emocionante!