Despois de traballar os días da semana e os meses do ano, tocábamos acercarnos ao calendario.
Aínda que temos que seguir repasando a orde dos meses do ano, estivemos a traballar por equipos pensando que cousas acontecen en cada mes.
Deste xeito, agora temos un calendario na clase adaptado aos eventos que nos afectan a nós, como aniversarios, días festivos, celebracións... e como precisabamos axuda da profe, mentres ela traballaba cun equipo, os demais poideron seguir experimentando coas tabletas, que día a día se nos están a facer máis familiares.
Desde logo foi unha clase moi produtiva!