martes, 4 de maio de 2021

CARACOIS LECTORES

Continuamos coa entrega de diplomas lectores aos súper lectores que pouco a pouco continúan esforzándose por realizar a súa lectura diaria. Noraboa!



martes, 27 de abril de 2021

A CIENCIA CONTINÚA

Hoxe tocou de novo abrir o noso laboratorio e realizar novos experimentos. 

En concreto comprobamos a resistencia e a conductividade dos materiais. Fixémolo con dous experimentos moi divertidos; no primeiro metimos un ovo dentro dunha bolsa de agua con sal, e no segundo comprobamos nun circuito que materiais conducían a electricidade e cales non. 




Coma sempre, seguimos o método científico, no que comenzamos por observar e facernos preguntas e  continuamos desenvolvendo unha hipótese. 

Despois realizamos o experimento, e finalmente analizamos os resultados e sacamos unha conclusión. 


Deste xeito, estamos aprendendo pouco a pouco as propiedades dos materiais, pero sempre a través da experimentación e a práctica. 


venres, 23 de abril de 2021

SEMANA DE ANIMACIÓN Á LECTURA

Hoxe, como cada 23 de abril, celebramos o Día do Libro no cole, e ademais, damos por iniciada a Semana de Animación á lectura, que celebraremos nos vindeiros días. 

Despois dunha inauguración vía online e respectando os protocolos COVID, todos os alumnos e alumnas do 2º ciclo de Educación Infantil e Educación Primaria desfrutamos duns minutiños xuntos, nos que falamos sobre o por que deste día, xogamos cos libros e asistimos á visualización do primeiro periódico "A Voz do Neno". 


Deixámosvos por aquí o enlace para que poidades velo. Nel hai noticias sobre o día a día do noso cole, que os alumnos e alumnas de cuarto e quinto de Educación Primaria editaron eles mesmos, utilizando a aplicación CANVA.

Esperamos que vos guste!

xoves, 22 de abril de 2021

TARDE DE CIENCIA

O noso proxecto está xa inmerso na primeira tarefa, na que traballaremos as propiedades da materia. 

Comenzamos a semana aprendendo os pasos do método científico, e agora que xa os coñecemos, hoxe realizamos dous experimentos, a través dos que aprendemos que a materia pode ser dura ou blanda, e que pode ser impermeable ou permeable. 

En cada experimento que facemos, cubrimos unha ficha sobre o método científico e despois autoavaliamos o noso traballo.

Deixámosvos algunhas fotos para que vexades o ben que o pasamos e o moito que aprendemos!








ANIVERSARIO DE GABRIEL

 Hoxe é o aniversario de Gabriel e todos e todas o celebramos con el na clase!

Parabéns Gabi!




mércores, 21 de abril de 2021

LECTORES DE PRIMEIRA

Continúan aumentando os súper lectores que xa conseguiron o primeiro diploma de CARACOL LECTOR. 

Noraboa e a continuar esforzándose igual que ata agora!



venres, 16 de abril de 2021

AS NOSAS HABILIDADES

Dentro do noso proxecto de emocións, xunto coa Fundación Meniños, estes días estivemos falando sobre a AUTOESTIMA. 

Por esta razón, comenzamos bailando a danza das habilidades, na que cada un tiña que decir unha cousa que se lle dese ben. Pasámolo moi ben facéndoo porque ademais invitamos tamén a algúns profes que pasaban polo corredor a bailar con nós. 

A raíz desta actividade, ao longo de toda a semana, cada peque tivo que facer na casa a súa propia lista de habilidades, que hoxe compartimos con todos na clase. 



Parécenos fundamental lembrar aos nosos nenos e nenas todas as cousas que son capaces de facer, e que ademais fan moi ben, xa que ademais de mellorar a súa autoestima reforzamos a súa autonomía, fundamental nestes primeiros anos. 

Por outra banda, incorporamos á nosa aula un novo espazo, o TABOLEIRO DAS EMOCIÓNS, no que cada día poden elixir como se senten cambiando o seu nome dunha emoción a outra.