Onte pola tarde recibimos a visita dos alumnos de segundo da ESO do Seminario Menor.
Algunhas semanas atrás o equipo de Casa do Neno púxose en contacto coa profesora de Lingua Galega do Seminario co fin de realizar algún tipo de proxecto que fomentase o uso da Lingua Galega e a lectura entre os nosos pequenos.
Begoña desde o principio amosouse moi receptiva a realizar algún tipo de actividade e así foi como os seus alumnos fixeron para este primeiro encontro un pequeno caderno de recollida de contos, refráns, adiviñas e mesmo aportacións propias dos rapaces sobre o outono para que os nosos nenos se inicien na lectura nesta lingua.
Onte pola tarde viñeron a contarlles eses contos, e o que se iniciou como unha actividade de animación á lectura rematou sendo unha experiencia de convivencia para todos. Grandes e pequenos disfrutaron dunha tarde de lectura, presentacións e momentos compartidos que rematou no patio con xogos.
Esperamos que este sexa o primeiro de moitos outros.
Agradecemos moito o traballo dos alumnos de secundaria e da súa profesora Begoña.