Hoxe visitamos a Praza de Abastos de Santiago. Ao pouco de chegar ao colexio saímos dando un paseo e chegamos á Praza ás 10:30 para dispoñernos a pasar unha mañán diferente.
Continuando co noso proxecto e en relación co tema dos alimentos que estamos a traballar, a vista á Praza resultou unha experiencia moi positiva e sobre todo moi enriquecedora.
Primeiramente traballamos na clase o que é un mercado, os diferentes postos que nel se atopan, as diferencias cun supermercado tradicional, a importancia dos productos frescos en este tipo de negocios...
Despois fixemos unha lista da compra. Cada grupo de aprendizaxe cooperativa elaborou a súa propia e hoxe a medida que recorríamos a praza comprobamos que se vendesen nela.
E por último, traballamos a importancia de tratar con respecto ás persoas que ali traballan e como interactuar con elas, as fórmulas de saúdo cordial, a facer preguntas e a dicir gracias.
Un traballo por competencias nas que nesta primeira fase desenvolvemos a Competencia en comunicación lingüística, a Competencia social e cidadá, a Competencia de aprender a aprender e a Competencia de coñecemento e interacción co mundo físico.
Facendo a lista da compra |
Á nosa chegada á Praza de Abastos recibiunos un traballador que nos ensinou varios postos da mesma.
Visitamos a carnicería, onde nos ensinaron diferentes tipos de carne.
Despois vimos a froita e a verdura; explicáronnos qué alimentos teñen máis vitamina C e coñecimos algúns froitos tropicais novos para nós.
E o máis importante; neste posto había leitugas! Esta era unha das tarefas que nos encargara Elisa, a cociñeira do colexio; ela necesitaba unha leituga para a comida de hoxe e tiñamos que acordarnos de comprala. Unha gran responsabilidade acordarnos.
Con un simple recado traballamos a Competencia de autonomía persoal e a Competencia matemática porque tiveron que pagala eles mesmos!
Proseguimos coa charcutería e a pescadería.
Para rematar, explicáronnos o servizo a domicilio da Praza e Amelia, a señora que nos atendeu, fixo maxia coa capucha da cazadora de Martín. Envasouna ao vacío e a capucha fíxose moi pequena.
Finalmente déronnos a merenda e tras un pequeno paseo para completar a nosa lista da compra volvimos ao cole dando un tranquilo paseo.
Como non, ao chegar visitamos a Elisa na cociña para darlle a leituga que despois comemos á hora da comida. Vaia día máis completo! Hoxe fixemos un montón de cousas! Temos ben merecido un descanso!