Hoxe empezamos a traballar na materia de Lingua Galega sobre as receitas.
En relación ao noso proxecto e ao coñecemento dos alimentos, aprenderemos a interpretar os datos dunha receita e a redactala.
De momento escollemos unha faciliña de proba, e pouco a pouco iremos traballando todas as receitas que as mamás e papás nos enviaron das madalenas e galletiñas ricas que nos fan para desfrutar todos xuntos.
Así que xa sabedes, podedes facernos un rico postre, e de paso enviarnos a receita para traballala na clase.