Seguimos avanzando no proxecto e esta vez estamos aprendendo sobre hábitos de vida saudable.
Nesta ocasión centrámonos na alimentación porque pensamos que é importantísimo comer correctamente, seguindo unha dieta equilibrada, rica en froitas e verduras e escasa en doces.
Por esta razón fixemos unha pirámide de alimentos e traballamos aqueles alimentos que se deben tomar con máis frecuencia que outros.