Ensinounos moitas cousas, entre elas a que o noso corpo sempre está en movemento, xa que con só respirar móvensenos as costelas, os pulmóns, o diafragma...
Ensinounos cómo son as articulacións e cómo se moven, xa que trouxo unha réplica dun pé e puidemos ver os seus ósos e como se movía o nocello.
Ali tamén nos ensinou como é a columna vertebral dun adulto (as nosas son máis cativas porque aínda estamos crecendo) e como a temos que coidar. Aprendemos a cómo sentarnos correctamente, cal é a mellor forma de levar a mochila do cole, a mellor postura para dormir, a mellor maneira de coller pesos ou algo que se nos cae ao chan. En definitiva, aprendemos un montón de cousas que nos van a axudar a crecer cunha espalda forte e sana.
Para rematar e como agradecemento fixémoslle entrega a Ali dun diploma no que os nenos e nenas de 1º lle agradecemos a súa colaboración no proxecto que estamos levando a cabo.
Moitas gracias Ali pola túa paciencia e por todo o que nos ensinaches! Procuraremos facerche caso en todo 😊