Os nenos e nenas de Primeiro comezamos a recoñecer e traballar as diferentes emocións que podemos sentir ao longo dos diferentes momentos que vivimos, tanto no cole, coma na casa, ou noutros espazos onde podemos convivir con máis xente.
Para iso contamos coa inestimable axuda de novos amigos e personaxes dun mundo fantástico, protagonizado por Draco, un pequeno dragón que irá aprendendo a xestionar as emocións.
Hoxe Draco chegou a un bosque chamado Aloia, de onde conseguirá sair, para regresar á súa casa, percorrendo un camiño no que aprenderá a recoñecer as súas emocións e a xestionalas de xeito adecuado.