martes, 29 de xaneiro de 2019

TODOS OS CAMIÑOS LEVAN...

... A SANTIAGO. Este é o título do novo proxecto de Primeiro neste segundo trimestre.
O día comenzou descubrindo a nova decoración da aula e arredores para continuar cunha actividade sorpresa para a cal tiñan que traer a dirección onde residen. Dita actividade consistiu en descubrir onde vive cada un de nós a través do Google Maps. Dirección a dirección coñecimos a casa de cada compañeiro/a.
Continuamos coa realización da metacognición inicial na que escribimos como nos sentimos e que esperamos deste novo proxecto para despois crear un nome, un logo e uns compromisos para cada grupo.