
Este trimestre o noso proxecto titúlase EUREKA, e como vos podedes imaxinar traballaremos sobre os inventos, inventores e tamén imos a experimentar moito.

Unha vez sentados na clase a profe Iria recibiu unha sospeitosa chamada na que unha persoa lle daba indicacións para atopar un USB. Conectámolo ao ordenador e éste tiña un vídeo no que Alba, unha inventora e investigadora contounos a gran falta de investigadores hoxe en día.
Alba tamén nos contou que escondera polo cole as pezas dun puzzle que unha vez montado nos axudaría a descubrir algúns dos inventos máis importantes da historia da humanidade. Así que non o dubidamos, alá fomos pola escola na búsqueda das pezas do puzzle. Unha vez atopadas, montámolo.



Sen dúbida foi unha mañá xenial. Xa estamos desexando continuar con este novo proxecto.