Como sabedes o noso proxecto vai sobre inventores, inventos, experimentar, errar, acertar, etc...
Hoxe comezaron as tardes de ciencia, que terán lugar todos os venres pola tarde. Coma hoxe era o primeiro día antes de nada tivemos que aprender que éra o MÉTODO CIENTÍFICO, algo que utilizan os maiores investigadores do mundo.
Unha vez entendido recibimos unha plantilla que nos acompañará todas as tardes de ciencia e que teremos que ir cubrindo a medida que imos facendo diferentes experimentos.
O experimento de hoxe foi TINTA INVISIBLE, sabiades que cun pouco zume de limón podemos escribir mensaxes secretas? e que para descubrir o que pon basta con aplicarlle un pouco de calor ao papel onde supostamente está a mensaxe?
Estamos desexando que sexa venres outra vez para ver sobre qué imos aprender.