Como bos científicos que somos, neste proxecto estamos desenvolvendo moitos experimentos na clase, tratando de demostrar diferentes feitos.
De momento, na primeira tarefa estamos centrados nas caraterísticas dos materiais, e demostramos a dureza, a permeabilidade, a resistencia, a transpaencia ou opacidade e a conductividade.
En cada un deles reflexionamos todos os pasos do método científico (que xa vos explicamos nunha entrada anterior), e ademais realizamos una diana de autoavaliación para reflexionar sobre o que aprendemos e como foi o noso comportamento.
Deixámosvos algunhas fotos deste días de intenso traballo.