Continuamos o noso traballo das emocións, e despois de falar de xeito individual de cada unha delas, a semana pasada incorporamos á nosa clase un panel de emocións.
Trátase dun pequeno recuncho no que os peques poden sinalar como se senten cada día, e posteriormente, se o precisan, falar sobre dita emocións ou o que a provocou.
Pouco a pouco aprendemos a identificar como nos sentimos e que debemos facer en cada momento. Trátase dunha aprendizaxe a largo plazo, xa que a identificación das emocións non se realiza dun día para outro, pero creemos que pouco a pouco conseguiremos que os nosos nenos sexan máis intelixentes emocionalmente.