Continuamos co proxecto da Fundación Meniños e falando das nosas emocións.
Estas dúas semanas falamos de que todos temos habilidades, puntos fortes nos que destacamos e é importante reflexionar sobre eles e que non se nos esquezan.
Por esta razón, coa axuda dos nosos pais fixemos unha lista daquelas cousas nas que destacamos e as limos diante de toda a clase.
Ademais lemos un conto precioso que se chama "El gran libro de los superpoderes" que nos presenta a diferentes personaxes a os seus superpoderes (habilidades).