Esta semana comenzamos a última tarefa do proxecto na que faremos experimentos variados seguindo o método científico que aprendemos anteriormente.
Por un lado aprendemos o que é a cohesión da auga e como trasvasar auga dun recipiente a outro utilizando un fío, sen que a auga caiga por fóra.
Por outro lado comprobamos que hai obxectos que flotan e outros que afunden e falamos sobre Arquímedes.
Finalmente trasvasamos auga desde dous recipientes a un terceiro por medio dun papel, demostrando tamén a propiedade de capilaridade da auga.
Como vedes, aprender doutro xeito é posible. Agora podedes facer estes experimentos na casa cos peques e divertirvos todos xuntos!