luns, 29 de novembro de 2021

MAGOSTO

O mes de novembro é, por excelencia, o mes do magosto. Unha celebración tradicional en Galicia.

Por iso os profesores preparáronnos un divertido xogo de pistas sobre o magosto. Por equipos, íamos completando as diferentes pistas nas que aprendiamos información sobre a celebración do magosto, como de onde se conseguen as castañas, que froito é típico, en que estación do ano se celebra...

Pasamos un rato ben divertido e todos conseguimos acadar e resolver todas as pistas!!