venres, 4 de febreiro de 2022

O AZUCRE QUE DESAPARECE

O primeiro experimento que realizamos foi moi sinxelo, pero non por iso deixou de sorprendernos en cada paso.

Nun vaso con auga, estivemos botando, de un en un, envases pequenos de azucre e comparabamos o que sucedía con outro vaso no que só había auga.

Os primeiros azucariños "desaparecían" ao pouco de botalos na auga. Ata que chegou un momento no que podiamos ver pequeno graos de azucre no fondo do vaso. Entón a profe pasou a quentar ese vaso e de novo, sorprendentemente, o azucre volveu desaparecer e continuamos botando máis e máis azucre.

Puidemos aprender que algún sólidos poden disolverse en líquidos, como é o caso do azucre na auga. Pero se botamos moita cantidade satúrase e deixa de disolverse. Para poder continuar, simplemente damos calor e xa volve a "desaparecer" o azucre.