luns, 7 de febreiro de 2022

O GLOBO QUE NON ESTOUPA

Unha das características dos materiais é a súa resistencia e, para vencela, precisamos a forza.

Para probar esa resistencia realizamos un experimento noque empregamos un globo, moitas chinchetas e unha cartulina.

Na cartulina, fomos clavando moitas chinchetas xuntas en varias liñas. A profesora chamou a varios axudantes para esa importante labor. Cando xa tiñamos as chinchetas clavadas, crimos que ao poñer o globo enriba delas, pola parte afilada, estouparía. Pero non foi iso o que ocorreu!!!! De feito, non ocorreu nada!!! O globo seguiu intacto. Entón a profe quitou todas as chinchetas menos unha e volveu colocar o globo enriba desta. E cando esperabamos que non acorrería nada, resultou que o globo estoupou!!!!!

A prpfe explicounos a importancia da superficie e o reparto da forza na resistencia dos materiais. Cando a forza está repartida entre moitas chinchetas, o globo non estoupa. Pero cando a forza se concentra, a agulla afilada fai estoupar o globo.