martes, 21 de xuño de 2022

SEMENTANDO GALEGO

 Desta vez vimos a contarvos a todos e todas que hoxe levamos a cabo unha actividade dirixida desde o Departamento de Dinamización da Lingua Galega para os cursos de 1º e 2º de Educación Primaria, a cal consiste poñer nun mural algunhas das palabras que aprendemos durante o curso e que máis nos chamaron a atención.

Aquí vos deixamos unha imaxe para que vexades o fermoso que quedou.