xoves, 8 de setembro de 2022

QUE HAI DE NOVO AMIGO?

Hoxe foi un dia moi especial,  xa que foi o noso primeiro día no cole de primaria. 




Aos poucos minutos de empezar chegounos unha mensaxe de que un membro da clase estaba retido polo supervillano Analfabetus e para lograr que o liberase tivemos que superar 6 probas.. Traballamos moi duro para poder superar todas as probas ata que, finalmente logramos obter os antídotos que farían que Analfabetus se volvese bo e liberase a ese membro da clase. 


Con todos os antídotos necesarios liberamos á que será a nosa mascota Jumper!!


Coa clase xa completa coñecemos tamén aos que serán os nosos padriños e madriñas no cole. Trátase dunha titoría vertical na cos nosos compañeiros de 5° de primaria. Hoxe tivemos un primeiro acercamento para coñecernos, ensináronnos o cole, algunhas normas... sen dúbida unha experiencia enriquecedora que se levará a cabo ao longo de todo o curso. 

A continuación fixéronnos entrega dos nosos porfolios, xa que dende hoxe estamos inmersos nun proxecto curto chamado QUE HAI DE NOVO AMIGO? O rescate de Jumper foi a situación de aprendizaxe e ao longo da mañá fixemos a rutina de pensamento CSI para resumir todo o vivido neste desafío. 
Finalmente, fixemos entre todos a metacognición inicial e despois tivemos un tempo para comezar a decorar as portadas dos porfolios. 

Sen dúbida foi un día inesquecible 😃