Ola familias.
Seguimos traballando e experimentando coa ciencia.
Nesta ocasión explicarémosvos os pasos que seguimos co método científico. É fundamental telos claros para chegar a ser bos investigadores. (O final da noticia atoparedes as ligazóns para poder visionar os videos).
E para poñer todo isto en práctica imos realizar varios experimentos. Todos eles relacionados co aprendido hai xa uns días, as características dos materiais.
Agora é a quenda da Transparencia. Cunhas lanternas puidemos comprobar que materiais son transparentes e cales opacos.
Despois tocoulle a quenda á condutividade. Cables, lámpadas, interruptores, electricidade... descubrimos que hai que manexar con coidado todo iso, pero que grazas á electricidade ou as baterias, podemos ter luz.
Na seguinte ligazón podedes vernos en acción
Por último traémosvos un experimento moi interesante e divertido, fala da dureza, neste caso un ovo será o protagonista. Non vos dicimos máis.
Podedes velo no seguinte vídeo: