martes, 28 de febreiro de 2023

VISÍTANOS UNHA CIENTÍFICA

A semana pasada tivemos a sorte de que nos visitase Sara, unha científica de verdade! Actualmente traballa no campo da investigación, concretamente no estudio das proteínas relacionadas co Alzheimer. Ela contounos como é o traballo no seu laboratorio e como debe ir vestida e protexida. Tróuxonos algunhas cousas que puidemos manipular como pipetas, probetas, vaso de precipitados....





Fixemos tamén un experimento no que medimos o pH dalgunhas substancias como vinagre, xabón, bicarbonato gracias á unha pequena mezcla de auga con lombarda. Encantounos ver como  as mezclas iban cambiando rapidamente de cor e aprendemos a clasificalas en ácido, neutro e básico.


Finalmente, unha vez rematada a visita realizamos a rutina de pensamento "unha imaxe, cinco palabras". Partindo dunha imaxe de Sara e o experimento do pH, reflexionamos e escribimos cinco palabras relacionadas coa imaxe.