Ola Familias!
Hai unhas semanas falamos e experimentamos co magnetismo. Descubrimos que a terra é un gran imán e que ten un polo + e -.
Para introducir este novo tema realizamos unha nova rutina de pensamento, trátase dun K, W, L (what I Know, what I Want to know and what I want to Learn). Nela escribimos que se, que quero saber e que aprendín.
Despois comprobamos que os imáns están en moitos obxectos da nosa vida.
Neste vídeo podedes ver o ben que o pasamos experimentando.
Noutra ocasión realizamos un experimento con imáns e auga, aquí puidemos ver como se separan todos cando tratas de xuntar o mesmo polo.
E por último cubrimos a nosa ficha de experimentos, onde deixamos todo ben escrito seguindo os pasos do método científico.