Traballando xa de cheo no noso segundo proxecto, durante a tarefa 2 centrámonos en coñecer as propiedades da materia.
Aplicando o método científico, coñecemos que a materia pode ser dura ou blanda, aínda que algúns fluídos poden ser ámbalas dúas cousas, como os fluidos non Newtonianos.
Tamén aprendemos que hai materiais resistentes e outros que non o son, e para iso tiramos un ovo dentro dunha bolsa chea de auga con sal.
Finalmente, aprendemos que a materia pode ser permeable ou impermeable, e nós, convertemos un pano en impermeable pasando unha cera por el.