CHEIRA A ENTROIDO
Na nosa aula comeza a cheirar a ENTROIDO!!!!
Ao comezo da nosa sesión de Lingua Galega e Literatura, descubrimos ao fondo da clase, unha variedade de disfraces e complementos......non dubidamos en poñelos e bailar ao ritmo da música!!
Rematamos a sesión poñendo cor a unha máscara do entroido de Verín (Ourense) Os Cigarróns.
Somos conscientes da importancia de fortalecer o noso sentido da identidade, por iso, mergullámonos na nosa cultura, ensinándolles ao noso alumnado algunhas das tradicións que dan forma á nosa comunidade, fomentando así o respecto pola herdanza cultural galega.
Participando nesta celebración cultural, non só permitímoslles que exploren tradicións, senón que tamén promovemos a diversión e a creatividade, contribuíndo ao desenvolvemento social e emocional dos nosos alumnos e alumnas.
Continuaremos ao longo desta semana, disfrutando e conectando aos nosos pequenos con esta tradición cultural, creando entre tod@s, unha experiencia educativa INTEGRAL E DIVERTIDA!!
FAI CLIC NA FOTO E VERÁS CANTO NOS DIVERTIMOS!!