Hoxe celebramos o aniversario de Ollie.
Parabéns!
Onte comenzamos a realizar unha nova tarefa para nós que é o plan de equipo.
Dentro da aprendizaxe cooperativa coa que estamos practicamente empezando este curso, realizamos un pequeno plan de equipo no que comenzamos a tomar decisións como grupo.
En primeiro lugar eliximos o nome do noso equipo, tendo en conta a temática do proxecto. Para facelo nesta ocasión fixemos unha chuvia de ideas, e sobre ela escollemos entre todos o nome do noso equipo.
Despois, deseñamos un logo que nos representase e que tivese que ver co nome do noso equipo.
Para rematar decidimos dous compromisos que como equipo trataremos de cumplir, e cada membro unha cousa á que se compromete ao longo do trimestre.
Trátase dunha rutina de pensamento que nos axuda a reflexionar sobre a importancia do traballo en equipo, que nos ensina a escoitar aos demais e a ofrecer o noso punto de vista, algo que de momento nos costa un pouquiño, pero que pouco a pouco traballamos para mellorar.
A nosa paisaxe de aprendizaxe chega ao seu fin, e hoxe levamos a cabo a última actividade, na que fixemos unha pequena plantación.
Nos próximos días debemos estar pendentes de votarlles auga e coidalas moito para que crezan.
Deixámosvos algunhas fotos de como as plantamos e nos próximos días mostrarémosvos como van crecendo.
Continuamos complementando las clases de matemáticas con el trabajo en Ciberemat.
Como ya os explicamos en el primer trimestre, de forma semanal dedicamos 20 minutos al trabajo en esta plataforma que a través de diferentes juegos y propuestas de actividades nos permiten repasar los contenidos trabajados en las sesiones de matemáticas.
Poco a poco además, somos más autónomos en el uso del dispositivo y de la plataforma, lo que nos permite disfrutar más de la experiencia.
Continuamos avanzando coa nosa paisaxe de aprendizaxe, aprendendo máis cousas sobre as plantas.
Nas últimas clases aprendemos as cousas que necesitan para vivir e as partes que as compoñen.
Deixámosvos algunhas fotos para que vexades o ben que traballamos en equipo e de xeito individual.