Hoxe estivemos aprendendo un montón de cousas sobre os ósos do corpo. Primeiro vimos un pequeno vídeo onde nos explicaban que eran os ósos, os cartílagos, as articulacións... Tamén nos mostraba os nomes dos ósos máis comúns.
A continuación tocou pensar un pouquiño e escribir no porfolio. Utilizamos a estratexia "antes pensaba/agora penso". Despois xogamos na pizarra a situar os ósos que ibamos aprendendo, e cando lle pillamos o truco ao xogo puidemos xogar por equipos nas tablets.
Para rematar tivemos a oportunidade de ter un pequeno esqueleto para cada un e de ver e tocar os ósos que a profe nos ía dicindo.
Temos moitísimas ganas de repetir algunha das actividades!