venres, 10 de maio de 2019

TARDE DE CIENCIA

Hoxe tivemos a oportunidade de coñecer a Sara, unha química que nos falou de moitas cousas relacionadas coa ciencia.

Explicounos por encima cales son as ramas da ciencia, ensinounos como debe ir vestida e protexida cando vai ao seu laboratorio e puidemos ver algunhas fotografías deste.



Despois pasamos á acción, fixemos tres experimentos. No primeiro aprendemos por que o ceo é azul, e resulta que ten que ver coa luz solar, a atmosfera e a posición da Terra con respecto ao sol.


O segundo foi un pouco mási difícil, pero un dos que máis nos gustou. Sabíades que mezclando auga cunha Lombarda a auga vólvese morada? E que si mezclas esta auga morada con diferentes ácidos (vinagre, limón, champú, bicarbonato...) obtés mezclas de cores ao momento? 


https://www.youtube.com/watch?v=W-JU0HEy5fE  (neste enlace veredes o experimento completo)

E por último fixemos o noso propio slime! Ese "moco" verde que tanto nos gusta aos rapaces.






Moitísimas gracias Sara pola túa visita e por todo o que nos ensinaches!