Esta semana traballamos a procedencia dos alimentos que consumimos a diario. Porque o noso proxecto non so está enfocado a coñecer as plantas, senón tamén a aprender sobre os hábitos de vida saudable.
Por esta razón, nesta última tarefa, centrarémonos en aprender a comer dun xeito equilibrado, en coñecer os nutrientes que nos aporta cada alimento e a frecuencia coa que debemos comelos.
De momento comenzamos por pensar na procedencia dos alimentos e organizalos en catro categorías xerais.