Aínda que pensamos que os nenos e nenas de hoxe en día son nativos dixitais, verdadeiramente, esta competencia é algo que se debe traballar e educar dun xeito minucioso.
A nosa metodoloxía inclúe o uso das novas tecnoloxías como unha ferramenta máis do proceso de ensinanza - aprendizaxe, e desde o primeiro curso de educación primaria, tratamos de formalos para que adquiran as ferramentas necesarias para sacarlle o máximo partido.
En concreto, cada neno traballa de xeito individual coa súa tableta, e pouco a pouco aprenden a utilizala de forma máis autónoma.