martes, 19 de novembro de 2019

Coñecemos os alimentos

Hoxe recibimos na clase a visita dunha nutricionista que nos ensinou moitas cousas sobre os alimentos. 

Empezou falándonos dos nutrientes que compoñen os alimentos, as proteínas, os hidratos de carbono, as graxas, as vitaminas, os minerais... e ademais, ensinounos en que alimentos atopamos cada un deles. Continuamos clasificando os alimentos en tres categorías; os que podemos comer a diario, os que debemos consumir con menos frecuencia e aqueles que debemos consumir menos veces. 

Por último, falamos do prato saudable, e das cantidades diarias de nutrientes que debemos consumir. 

Unha mañá interesante na que aprendemos moito da man de xente como Iria, que desinteresadamente veu a ensinarnos moitas cousas novas. Gracias Iria!