O noso proxecto continúa e estas últimas semanas andivemos moi ocupados tratando de coñecer algúns dos edificios máis importantes da nosa cidade.
Fixémolo a través de diferentes códigos QR. Gracias a eles viaxamos pola nosa cidade, primeiro traballando en parellas, e despois comentándoo entre todos na clase.
Ademais, gracias a uns planos, poidemos buscar o lugar exacto no que se atopan os edificios. Deste xeito aprendemos a orientarnos un pouquiño e a ler un plano, no que os diferentes números identifican os edificios e lugares importantes.