O noso segundo proxecto deste curso continúa o seu rumbo e despois da tarefa 0 na que traballamos a metacognición e o plan de equipo, agora estamos inmersos na primeira tarefa.
Empezamos por facer un pequeno vídeo do lugar onde vivimos e ensinámosllo aos nosos compañeiros, para poder comparar entornos rurales e entornos urbanos. Aprender comparando a nosa realidade máis cercana é a mellor forma de entender conceptos que moitas veces se fan un pouco abstractos.
Deste xeito, tras ver os vídeos na clase, fixemos unha rutina de pensamento que se chama "Vexo, penso, pregúntome", na que reflexionamos sobre os mesmos. Este tipo de actividades axúdannos a pensar un pouco sobre o traballo que estamos facendo e tamén a aprender a preguntarnos cousas, algo que pouco a pouco entrenamos e cada día sae mellor.
Despois de todo esto xogamos a buscar diferencias entre dúas imaxes, unha que representaba un medio urbano e outra un medio rural. Porque aprender xogando tamén está ben...