O día 11 de febreiro celebrouse o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.
Nós sumámonos á iniciativa que nos propuxo a AECC de A Coruña e despois de ver un vídeo pintamos as nosas batas como símbolo da importancia da investigación científica e do papel da muller nela.
Xestos pequenos que nos axudan a ser un pouquiño máis grandes.