mércores, 13 de outubro de 2021

CIUDADELA

Hoxe comezamos o proxecto deste primeiro trimestre!!!!!!

Foi toda unha sorpresa cando chegamos ao cole e vimos a decoración da nosa aula chea de coches, carreteras, rotondas, edificios, sinais de tráfico, un paso de peatóns de cores diante da porta... sen esquecer que tamén as nosas mesas estaban cambiadas de sitio, co cal traballaremos con outros compañeiros ao longo do que queda deste trimestre.

No alto da parede amarela atopámonos co tópico xenerativo, e preguntarédesvos que é iso, pois nin máis nin menos que o título do noso proxecto "Ciudadela", que estaba acompañado de tres fíos condutores que traballaremos ao longo do proxecto, unhas preguntiñas que seremos capaces de responder ao final do proxecto.

Enriba das nosas mesas estaba o profolio co que traballaremos e enriqueceremos con traballos, fichas, rutinas de pensamento, metacognicións...

E despois de tanta emoción e de tantas novas e extrañas palabras, chegou o mellor, o desafío inicial que consistiu nun xogo, por equipos, no que a cada equipo lle tocaba unha cor e tiña que conseguir varios sobres desa mesma cor, que estaban agochados en diferentes lugares do cole, dentro dos cales había fichas dun rompecabezas e pistas para conseguir os seguintes sobres. Unha vez conseguidas todas as pezas, tocou completar o rompecabezas. 

Pasámolo moi ben e temos moitas ganas de comezar a aprender moitas cousas con estes proxecto.