luns, 25 de outubro de 2021

PLAN DE EQUIPO

Outra actividade importante ao comezar un proxecto é o chamado "plan de equipo". Un contrato no que hai que tomar varias decisións en equipo, poñéndonos dacordo e tomando decisións conxuntas, ademais de axudarse na realización da tarefa.

Unha primeira decisión é o nome e o logo do equipo que ten que estar relacionado coa temática do proxecto. Despois complétanse as funcións/responsabilidades de cooperativo (coordinador, secretario, portavoz e supervisor) co nome do compañeiro/a do equipo que lle corresponda. A continuación pénsanse os obxectivos a acadar como equipo do tipo traballar moito, non discutir... que van a compañados de compromisos tamén persoais de cada compoñente do equipo.

Para finalizar, cada un firma no seu plan e no dos compañeiros/as para facer ese contrato viable e como compromiso de cada un e de todos.  

Cando se remata o plan de equipo, a profesora colle un de cada equipo e o pon público na parede do proxecto para que recordemos os nosos compromisos ao longo da realización do proxecto.